Desvelado o Gran Misterio

Así é señores e señoras, raposos e raposas. O luns á maña, apenas 9 horas de ter editado a entrada anterior, ás 9 da maña apareceu o grande PFP pola porta do noso piso, de volta de Siberia ou das terras do Deza, que pro caso sonche o mesmo pero volvamos ó fío que me perdo polos cerros de Stalingrado, ou de Ubeda, que pro caso sonche o mesmo (e así ad nauseam). O caso é que o noso benquerido compañeiro topounos ós outros tres habitantes en pleno zafarrancho de combate para ir pra clase, que comezaban de novo despois do parón do Nadal… bueno, a dicir verdade eu seguía na cama, que pra iso entro os luns ás 11, pero pouco máis tardei en me erguer.
Estábamos todos entusiasmados polo rencontro e por que por fin poderíamos abri-lo regalo que a Pantasma da Pin-Up pedira para nós ós Reis against the machines, cousa que fixemos no momento. O agasallo resultou ser:
En efecto, un deses gatos dourados da sorte que venden nos chinos e que se puxeron de moda a razón dun cómico anuncio.
A nosa relación con eses seres ven do viaxe que fixemos os catro, Anahit, PFP, Saekih e máis eu a Francoforte sobre o Main en xullo deste ano onde tódalas tendas de asiáticos tiña un á vista. Comezamos a pensar no ben que quedaría no noso piso. Para Anahit e PFP so foi unha broma, pero, ufanos deles, non imaxinaron que tanto Saekih como eu nos emocionáramos de verdade coa historia e estábamos dispostos a mercar tamaño fulerada.
Pero a cousa foi pasando… e chegou final de decembro, cando pouco antes de marcharmos pra cadanseu fogar a pasa-lo Nadal en familia (sigh), Saekih recordoume o asunto, pois ese gato da sorte, ou Maneki-Neko, como lle chaman os zumbaos dos xaponeses, resultarianos de vital axuda nos exames que se nos aveciñaban (e que inda se aveciñan, pero máis). Supoño que o forte desexo dun corazón puro foi quén de traspasa-lo baleiro cósmico entre o mundo físico e o plano astral onde a Pantasma da nosa Pin-Up habita e conmovida fíxonos entrega do agasallo. Cando o abrimos, decidimos colocalo xunto a porta, e chamalo Goldie, pois a súa fulerada merecía un nome igual de fulero. Aquí podedes ver ó bicho en compañia de Mierda, quen custodiu o paquete no que viña envolveito:

Mierda e Goldie

Osos, gatos, ovellas, coellos, xudeus… este piso comeza a parece-la arca de Noé

Na wikipedia hai un artigo moi chusqueiriño sobre o maneki-neko… Polo visto o noso trae sorte nos negocios e non nos estudos (iso faino o verde ou o morado) e como fai o seu saludo fascistoide coa pata esquerda tamén atrae visitas, e non cartos, que veñen mellor para a mermada economía do estudante… pero menos da unha pedra.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Anécdotas, Internete, Pantasmagórico Pin Up | 1 Comentario

De volta en Compostela

En primeiro lugar feliz aninovo a todos, e ós pobres universitarios desafortunados coma min (sigh) sorte nos duros días que se nos aveciñan… Sobre todo a min, que me pasei o nadal de parranda e xogando ó Battle for Wesnoth.
Sexa como fora, acabo de chegar a Compostela para sair de parranda cun vello amigo, ó que algúns chaman Gandalf, que había ben tempo que non vía e que ían estar aquí hoxe, mañá e pasadomañá, pero ó final as cousas torcéronse e hoxe non puido chegar, pero como o seu alter ego istari diría:

Un mago nunca chega tarde, Frodo Bolseiro, nin cedo. Chega xusto cando so propón.

Sexa como fora, ó chegar ó piso descubrín dúas cousas interesantes, ámbalas dúas nada máis abri-la porta. O primeiro foi un certo cheiro desagradable, que se complementou con extrañeza ó non ser quén de encende-la luz… As conexións establecéronse raudas no meu cerebro de detective e axiña me temín o peor… Efectivamente, tras subi-lo automático, que alguén baixara ó marchar o día que comezaron as vacacións de Nadal, os medos convertéronse en certeza. Toda a comida da nevera e do conxelador, que inda así non era moita, botárase a perder e no seu lugar a vida abríase camiño en forma de moho…
A boa nova foi que os Reis against the machines, que xa sabiamos que pasaran por Compostela, fixeran unha paradiña e deixárannos un presente.

Mierda stole the presnt

No seu fronte reza, como se pode ver na foto «Con cariño d’A Pantasma da Pin Up», pero Mierda apoderárase del e non nolo deixa abrir ata que estemos todos presentes. Saekih e Anahit chegarán maña, pero PFP, como é moi hogareño, e inda que fixo unha incursión por aquí hoxe de casualidade pois tiña asuntos da facultade, non ven ata o domingo…
Que será, será?

EDITADO O LUNS 11 DE XANEIRO ÁS 00:37: PFP está illado pola neve,  asunto do que en teoría falará Saekih polo miudo, e non voltou ainda… e nós seguimos sen saber que será o noso agasallo!

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Anécdotas, Pantasmagórico Pin Up | Leave a comment

MLKs en Pontevedra

Este sábado tocaba en Pontevedra MLKs (visita o seu myspace aquí), que coñecin fundamentalmente porque a voz feminina é da nosa colega Sarmi, así que ali nos xuntamos Sakih, Anahit, Taiki e Uxiaixu en primeira fila, completamente groupies.
E non era para menos, unhs voces xeniais e un estilo bastante pouco común hoxe en día. Aquí vos deixo un video grabado nun concierto anterior.

Saekih sacou tamén unhas cantas fotos, que a ver se colgo cando mas pase.
Despois que rematou o concerto fumonos por aí de parranda ata o cordura, onde co gallo de estar de aniversario empezaron arebaixa-lo prezo das copas e a regalar chupitos e coa coña agarramos unha ben gorda para finaliza-la noite . Gustariame telo explicado dun xeito máis detallado e concreto, pero inda non me repuxen de todo.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Anécdotas, Festa Rachada, Música | 1 Comentario

Adeus a Tar

Esta é unha historia verídica. Érase unha vez unha pinga de chuvia que caeu dende o ceo. Cando rozou as minúsculas partículas de chan, a terra absorveuna e transformouna nunha flor. A flor saiu timidamente do seu escondite e sentiu por primeira vez a brisa. Unha flor fermosa. Coñeceu primeiro o sol, que lle ofrecía cada mañá os seus raios para quentala. Coñeceu miles de pinguiñas de orballo, que nos albores do día se pousaban nos seus pétalos para que ela se refrescara. De forma que a flor medrou con forza e mostrou ó mundo os mais fermosos pétalos, debuxados cós mais fermosos e alegres cores. Con só miralos, calquera quedaba extasiado. Logo coñeceu ás abellas. Á flor encantáballe que elas a visitaran, por iso abría con felices ansias os seus pétalos nada mais escoitaba o sacudir das súas ás. As abellas pousábanse no interior da flor e desfrutaban do doce sabor do nectar que a flor preparara con agarimo para elas, o extraían coa súa boca e axudadas da súa lingua, o aspiraban e o gardaban para levalo á colmea e fabricar con el a deliciosa mel. A flor estremecíase sentido as cóxegas que as abellas lle facían no pistilo. Era feliz respirando cada partícula a través dos seus poros. Pasaron os días e chegou o inverno. Miles de nubes tecidas en negro cubriron o ceo e derramaron auga sobre a flor. O vento fixo que se tambaleara violentamente e os seus pétalos de cores foron desprendéndose un a un. As abellas deixaron de visitala porque a flor xa non podía producir o delicioso nectar. A flor quedou completamente núa e sentiu frío. Estaba rota. Pasaron varios días e o ceo escureceuse aínda mais. A flor marchitouse e os seus restos pudríronse na superficie de terra húmeda e fría. Fin.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Ficción | Leave a comment

El Ataque de la Mandíbula Batiente

Aqui Taiki e Korzowei: El Ataque de la Mandíbula Batiente, La Increible Técnica de Kung-Fu de la Mandíbula Batiente, La Colección de Cromos de la Mandíbula Batiente (o de la Mandíbula Batiente vai copypasteado), Los Muñecos Articulados de acción de la Mandíbula Batiente (solo en Kinder Sorpresa), La Aberrante Recaida de la Mandíbula Batiente e sobre todo El Cuadro de la Mandíbula Batiente.

Com diría Quake:

Repetir palabras sin ningún tipo de sentido hasta que al final acaban perdiendo su gracia.

Quén queira entender…

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Anécdotas, Festa Rachada | Leave a comment

De Campanadas e Moluscos

Dende a fiestra da miña habitación vese a catedral en todo o seu esplendor… Teño unha vista preciosa, sen dubida, pero tamén un par de serios problemas:
O primeiro deles era a total ausencia de cortinas ou persianas na fiestra, así que en canto clarea a miña habitación xa está plenamente iluminada. Ó comezo custábame seguir durmindo con tanta luz, pero acabei por acostumbrarme…
O segundo problema ven da propia catedral, da Berenguela máis concretamente, que da a hora e acostuma a espertarme. Inda que recoñeco a súa utilidade (hoxe de feito erguinme grazas a ela, que perdera o mobil e non tiña con que por unha alarma), supón un verdadeiro horror as mañas despois de sair… especialmente nos festivos.
Nos jodidos festivos, antes da misa.
Entón, as campanas tolean e o xorobado fariñocas que as toca practica solos, riffts e punteos bestiais que se alongan eternamente e che destrozan a cabeza. Pasoume o día de defuntos e seica volveu pasar este martes, e digo seica porque eu estaba na casiña.
Despois de sair o luns e vir pro piso con Saekih e Korzowei a comer patacas fritidas e ver videos no ordenador (algo que se está a converter en todo un clásico), a nosa querida amiga Uxiaixu decidiu que volver á súa casa a esas horas sería unha ardua tarefa pra cal non se sentía capacitada así que pensou que sería xenial durmir nunha habitación con vistas á catedral. Pero deixemos que sexa ela quen nos describa o resto da súa experiencia:

Ah, e tamén é algo xenial despertarte cada hora coas campanas da catedral na súa máxima marcha de día festivo XD Ata soñei que estaba nesa mesma habitación e cada hora saían dos tellados de Santiago Zoidbergs vestidos de guerreiros medievais e faían o ruido de Zoidberg cando soaba a campá e volvían meterse dentro dos tellados ata a hora seguinte (parece unha coña, pero non o é, en serio!!)

Aparte do cómico do asunto, podo dicir que me sinto reconfortado, ó saber que alguén coñece e comparte o que sinto os venres a mañá e se solidariza comigo cando intento tapa-la cabeza coa almofada.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Anécdotas, Festa Rachada, Pantasmagórico Pin Up | 2 Comentarios

Aqui non publica nin dios!

Parece que son o único que se acorda desta pobre nosa páxina… (guiño, guiño)Pero dame vergonza se-lo único que aparece publicando… (guiño, guiño) Así que, como me mola mirar as estadísticas – en serio, teño un grave problema ó respecto – e ver que hai visitas, escribo isto para anunciar que colguei algúns links interesante na barra da esquerda…

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Comics, Internete | Leave a comment

V-de-Vendetta

Hai cousa de media hora ía meterme na cama pra durmir despois dun duro día cando, ó levanta-la roupa da cama topo a cabeza dun esbirro demoniaco da Gijanster:

Gijanter1

En realidade non, solo era unha careta, colocada aí para atacarme e facerme pasar un mal rato. Comecei a buscar culpables… Anahit baixara a casa o venres á maña canda min e subira de novo hoxe comigo, así que estaba libre de culpa. P -que sigue precisando un nick (guiño, guiño)- é o mellor amigo posible despois de Harry, algún día falareivos de Harry, así que tampouco podía ter sido el.
Solo nos restaba entón Saekih… Saekih estivera no piso todo o fin de semana xunto con Korzowei, un okupa que temos por aquí de vez en cando. Korzowei, que pra máis INRI, e nunca mellor dito… é xudeu, razón de por si suficiente pra desconfiar de el.Unha vez que din cos culpables, decidín pasar ó contrataque e tras 5 minutos de maquinacións finalicei a miña creación:

Gijanster2

Gustaríame chama-la atención sobre as mans do ente ese, que creo me quedaron moi logradas, metendo un par de calcetíns dentro dunhas luvas de plástico que había pola cociña.

Consistía nunha almofada vestida coa careta, unha palestina pra disimula-la falta de pescozo e unha chaqueta. A falta de ganas de poñerlle un pantalón, unha manta tapaba o lugar que deberían ocupa-las pernas da abominación e unhas botas no chan, que non saen na foto, pechaban a creación. No taboleiro, tras un ÑA!! ben grande, advertíalle que foderan ó mexicano equivocado, que dicían en Grindhouse no Fake-trailer de Machete:

:

Despois deste acto malvado crin sentir o que sentiu o doutor N-Cortex cando creou a Tiny e decidín que tiña que contalo aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Anécdotas, Pantasmagórico Pin Up, Videoxogos | 4 Comentarios

Steady, Ready, Go!

Tachan!
Temos cabeceira nova! ou máis ben… temos cabeceira, a secas, que o que había antes era un dibuxo turbio dun tema calquera de wordpress. Wordpress, por certo que me gusta moito máis que o blogger que viña de usar, agora que o entendo, polo menos…
En todo caso, grazas a Runtime-Error Comics, por deixarnos usar unha das súas Runtime-Girls como imaxe de cabeceira e grazas amén a Nox de Nbek pola axuda que nos brindou co CSS, peleón onde os houbera, da páxina.
Así que, queda oficialmente innagurado, completo, por fín, o blogue da Pantasma da Pin Up!

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Comics, Internete, Pantasmagórico Pin Up | 3 Comentarios

A Historia do querido Merda

MerdaEste é o meu primeiro escrito no blog. Despois das moitas insistencias do meu compañeiro Taiki, decidinme a relatar a vulgar e turbia hisotoria do, moi ao noso pesar, quinto compañeiro de piso.
Aconteceu na madrugada do día da ben coñecida festa da Ascensión de 2008. Encamiñábame sen rumbo con 2 desprezables (con cariño, pero con algo de razón) amigos polos restos dunha Santiago derrotada pola esmorga. As rúas, desertas e núas ante nós, estaban «adornadas» por todas partes polos despoxos da bébeda civilización santiaguesa. Entre os restos apareceu de repente un ser froito do vil abandono. Alí estaba, coa cabeciña metida nunha papeleira, soíño e desprotexido, un peluche de grandes dimensións. Meditei sobre quen puidera cometer semexante acto de maldade; quen despreciara desa forma un regalo que probablemente algún rapaz moi ciego conseguiu despois de moito esforzo -debido á falta de puntería producida polo alcol- e cartos invertidos, para regalarllo á súa moza pija, a cal o despreciou finalmente tras atopar un mellor partido, deses cun cochazo e peinado de medio lado. Probablemente esta historia de desamor fora a desencadeante do abandono do osiño, ou quizais tivera tamén que ver o simple feito de que o peluche tiña o cu manchado cunha substancia negra e pegañenta que nonfumos capaces identificar.
En calquera caso, o meu agudo sentido maternal activouse ante a visión daquel ser fraxil e sen fogar e decidinme a levalo a casa, darlle un baño, un oco no sofá e ata un nome que fai alusión ao noso primeiro encontro: Mierda.
Non sabiamos por aquel entón, que aquel ia ser o principio dunha dificil relación co novo inquilino, quen ten a capacidade de producir nos visitantes medo polo seu obvio desequilibrio sicolóxico -Merda padece de institntos asesinos, producidos polo rencor que garda tras o abanandono-, e incluso atracción sexual por parte dalgúns (é mellor non entrar en mais detales sobre isto último).
O certo é que, a pesar da dificultade de integración, este turbulento ser converteuse xa en parte da nosa casa e da nosa historia.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Anécdotas, Festa Rachada | 6 Comentarios